Introdución a tres programas informáticos de uso habitual para tradutores/as: Excel, Power Point e Adobe Acrobat Professional
Datas: venres 5, 12, 19 e 26 de novembro
Horario: de 15.00 a 19.00 h
Duración: 16 horas
Lugar: Edificio Miralles, Universidade de Vigo
Prezo: socios/as de AGPTI: 60 €, socios/as dalgunha das asociacións que compoñen a rede Asocesp*: 90 €, non-socios/as: 120 €
Número de prazas: 20
Data límite de inscrición: venres, 29 de outubro
Máis información en:
http://tinyurl.com/376vol9***A rede Asocesp está formada polas seguintes asociacións : AATI, ACE Traductores, AGPTI, APTIC, APTIJ, ASATI, Asetrad, ATG, ATIJC, EIZIE, MET, TREMÉDICA, UniCo, La Xarxa
Inscrición
Para inscribirse no curso cómpre completar estes datos e envialos a
cursos@agpti.org ata o 29 de outubro.
- Nome e apelidos:
- NIF/CIF:
- Enderezo postal completo:
- Enderezo electrónico:
- Teléfonos de contacto:
- Modalidade de preinscrición (socio/a, non socio/a, socio de Asocesp):
- Precisas factura?:
Nota sobre a inscrición
Pregámosvos que non fagades ningún pagamento ata que non vos confirmemos que estades admitidos/as. A confirmación realizarase unha vez rematado o prazo de preinscrición, e comunicarásevos por correo electrónico tanto a vosa admisión coma os pasos que debedes dar para formalizardes a matrícula.Dado que o número de prazas é limitado, daráselles preferencia aos socios e socias da AGPTI (en primeiro lugar) e aos socios e socias de calquera das asociacións da rede Asocesp (en segundo lugar). Polo demais, a admisión realizarase por estrita orde de chegada das solicitudes de inscrición, criterio que rexerá tamén no caso de que alguén dos/as preinscritos/as non formalice a matrícula no prazo estipulado e haxa que recorrer á lista de espera, se a houber.